Miradas doutros mundos nas Rías Baixas de Galicia

  /  NATUREZA   /  Miradas doutros mundos nas Rías Baixas de Galicia

Miradas doutros mundos nas Rías Baixas de Galicia

Miradas doutros mundos nas Rías Baixas de Galicia

Presentamos outro audiovisual cortesía do mergullador galego Pedro Alonso. Entre as praderías submarinas de ceba (Zostera marina) existentes en diferentes puntos das Rías Baixas de Galicia, van xurdindo diversos protagonistas, animais mariños coma os chocos, espirógrafos, signátidos (cabaliños e peixes pipa) e mesmo un rubio que nos deleita coa súa pacífica mirada deste outro mundo submarino. Así, todos estes animais mariños non son máis ca unha pequena mostra dos espectaculares valores que albergan estes privilexiados fondos mariños.

ceba (Zostera marina) é unha planta herbácea mariña da familia das zosteráceas, de raíces fibrosas, talos con moitas pólas e follas estreitas e achatadas. Non son realmente algas verdes.

Este audiovisual foi gravado nas Rías Baixas de Galicia por Pedro Alonso e publicado o 9 outubro 2017 na súa canle de youtube.

 

Audiovisual: © Pedro Alonso

Imaxe destacada: captura de pantalla audiovisual de Pedro Alonso

Share This