Monteagudo coloreada de liques

  /  FOTOBLOG   /  Monteagudo coloreada de liques

Monteagudo coloreada de liques

Imaxe da cara oeste da illa Norte ou de Monteagudo das illas Cíes vista dende a illa do Medio ou do Faro, no Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A coloración alaranxada destes graníticos cantís é proporcionada pola colonización da caloplaca mariña. Un lique que é unha mistura entre unha alga e un fungo vivindo en simbiose.

Ler tamén: Breve presentación dos liques no Parque Nacional  A caloplaca mariña colorea as illas Cíes

Imaxe: 

Pedro Figueras

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This