No medio do interior da Ría de Arousa está situada a illa de Rúa

Portada » O Parque Nacional » No medio do interior da Ría de Arousa está situada a illa de Rúa

Mai 16, 2018 | Destacados, FOTOBLOG, TURISMO

A Illa de Rúa está ubicada no medio do interior da Ría de Arousa, nas Rías Baixas de Galicia. Destacan aquí os enorme bolos de granito cubertos de dourados liques. Ademais esta illa conta cun faro en activo de mediados do século XIX, noutro tempo habitado por torreiros ata a súa automatización.

Este faro da illa de Rúa é moi similar ao faro orixinal da illa de Ons, xa que é factoría tamén do mesmo autor, Rafael de la Cerda. Cando nos referimos desta vez ao faro de Ons facemos alusión ao orixinal, que xa non existe ao ser substituído en 1926 pola actual infraestructura. Este sí que se atopa aínda habitado por torreiros e nun excepcional estado de conservación.

A illa de Rúa conforma xunto aos illotes dos Xidoiros Areoso e Pedregoso parte dun arquipélago que suma unha unidade coa illa de Arousa.

Así, este outro arquipélago, conxunto de illas e illotes na Ría de Arousa, pertence tamén ao Complexo Ons-O Grove que comprende unha superficie moito maior que ademais se inclúe neste complexo intermareal Umia-O Grove, englobando o areal de A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta de Carreirón, catalogado todo este conxunto como Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral, zona Ramsar e Zona de Protección de Aves (ZEPA). Un espazo da Rede Natura 2000 e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Unha imaxe obtida a través da óptica de Gainzafer.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar

Imaxe destacada: illa de Rúa © Gainzafer

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos