Parella de corvo mariño cristado ou ghalo de mar en época nupcial

  /  FOTOBLOG   /  Parella de corvo mariño cristado ou ghalo de mar en época nupcial

Parella de corvo mariño cristado ou ghalo de mar en época nupcial

Parella de corvo mariño cristado ou ghalo de mar en época nupcial.

Outra magnífica captura do noso amigo e colaborador Suso Framil. Biólogo e Guía intérprete, forma parte do equipo de Uso Público do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Dous corvos mariños cristados ou ghalos do mar (Phalacrocorax aristotelis) repousan nun cantil en época nupcial lucindo a crista ornamental propia deste período. Unha gaivota patiamarela (Larus michaellis) próxima semella querer remarcar o contraste entre cores claras e escuras.

 

Podes ler tamén:

O corvo mariño cristado. Introdución

Corvo mariño cristado mergullando

Aproximación ás colonias de aves mariñas do Parque Nacional

 

Imaxe:

© Suso Framil

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This