Proa do “Cornide de Saavedra”

  /  CIENCIA   /  Proa do “Cornide de Saavedra”

Proa do “Cornide de Saavedra”

Proa do buque oceanográfico “Cornide de Saavedra” dependente do Instituto Español de Oceanografía (IEO) fundado en 1914. O seu nome está adicado ao xeógrafo, naturalista e humanista galego nacido na Coruña en 1734. Este buque de investigación con base no porto de Vigo marcaría un fito na modernización da investigación oceanográfica a partir da súa posta en funcionamento en 1972. Foi dado de baixa en 2014.

Imaxe:

Santiago Boado Aguinaga

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This