Pronto comeza a tempada!

  /  FOTOBLOG   /  Pronto comeza a tempada!

Pronto comeza a tempada!

Parella de gaivota patimarela (larus michaellis) criando nas rochas dos cantís das illas Cíes. No Parque Nacional aniñan unhas 16.000 parellas, unhas 7000 en Cíes, 600o en Sálvora e 3000 en Ons. A partir de marzo comezan reocupar as illas.

A finais de abril comezan a se observar niños e postas, e xa a partires de finais de maio aos pitos.

Imaxe:

Pedro Figueras

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This