Saída peláxica dos carráns no “Chasula”

  /  ACTUALIDADE   /  Saída peláxica dos carráns no “Chasula”

Saída peláxica dos carráns no “Chasula”

A medida que avanza o verán obsérvanse máis aves mariñas migrando cara o sur. De novo sairemos mar afora para velas e fotografialas a curta distancia. Respecto aos cetáceos, previsiblemente observaremos golfiños e arroaces pero non podemos esquecer que hai pouco unha balea azul foi observada non moi lonxe.

Sábado, 11 de agosto de 08:00 h a 16:00 h dende o porto de O Grove.

Máis información e contacto:

Chasula Aves / Chasula Birds
Intramar
Calendario avistamento de aves mariñas e cetáceos. Saídas 2018 no “Chasula”

 

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This