Semana da Historia das Illas no Centro de Visitantes

  /  ACTUALIDADE   /  Semana da Historia das Illas no Centro de Visitantes

Semana da Historia das Illas no Centro de Visitantes

Achegámosvos a programación de actividades que terán lugar no Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, edificio Cambón, na semana do 17 ao 23 de setembro.
Será a segunda semana que adicada á “Historia das Illas“.

Comezaremos o xoves 20 cunha interesante charla que nos achegará á historia de Ons e os seus habitantes. O venres 21 no Cine en Verde poderemos disfrutar de varias curtas sobre os habitantes dos catro arquipélagos ao longo da historia e sobre os torreiros. Para rematar a semana o sábado 22 cun obradoiro para toda a familia co que descubriremos algúns aspectos principais das illas a través da lingua de signos.

Ademais, poderedes coñecer mellor o centro de visitantes na visita guiada que ofrecemos o mércores 19 ás 12h. da mañán, e que estará relacionada coa temática da semana.

No cartaz adxunto aparece ampliada a información desta programación. 

Agardamos que estas actividades sexan do voso interese.
Vémonos no Centro de visitantes!

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe destacada: © Santiago Boado Aguinaga

Share This