“Sobrevivir en Ons a través dun piñeiro”

  /  FOTOBLOG   /  “Sobrevivir en Ons a través dun piñeiro”

“Sobrevivir en Ons a través dun piñeiro”

“Sobrevivir en Ons a través dun piñeiro”

Un piñeiro no sur de Ons, contempla o centro e norte da illa a partires dunha perpectiva de Fernando Rey Daluz moi preto do monte da Espaduada, unha plantación de piñeiros dos anos 80. Unha paisaxe antano agrogandeira colonizada hoxe pola matogueira costeira de toxos, fentos, silvas, breixos, xestas, abruñeiros e estripeiros que volveron ocupar o seu espazo tras do obrigado abandono humano.

As cousas nunca foron doadas en Ons. Nin para os seus habitantes nin para a flora e a fauna. Todos eles foron quen de sufrir e soportar adaptacións específicas para saír adiante. Resistir para sobrevivir. Este piñeiro (Pinus pinaster) dá boa conta dunha loita pola supervivencia ante factores determinantes neste medio coma os ventos, a elevada salinidade ou a propia insularidade que neste caso condicionaron o seu pobre desenvolvemento adoptando así unha “formación en bandeira”. Estratexias para se poder adaptar ao medio, e vivir nun medio hostil.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This