Un novo visor cartográfico para descubrir a fondo as Illas Atlánticas

  /  ACTUALIDADE   /  Un novo visor cartográfico para descubrir a fondo as Illas Atlánticas

Un novo visor cartográfico para descubrir a fondo as Illas Atlánticas

Organismo Autónomo Parques Nacionais lanza unha nova ferramenta co gallo do centenario dos primeiros parques nacionais en España.

Este ano cúmprese o centenario da declaración dos primeiros parques nacionais en España (Montaña de Covadonga e Val de Ordesa). Con motivo deste aniversario, o Organismo Autónomo Parques Nacionais ( OAPN), do Ministerio para a Transición Ecolóxica, publicou o novo visor cartográfico da Rede de Parques Nacionais, que pretende contribuír a facer máis accesible a información sobre estes privilexiados espazos naturais, entre os que se atopan as Illas Atlánticas.

O visor cartográfico terá unha actualización e mellora continua, e pon a disposición do cidadán os datos e a información espacial máis relevante sobre a Rede de Parques Nacionais, contribuíndo así á sensibilización ambiental e a divulgar os valores naturais e a importancia dos parques nacionais como espazos esenciais para a conservación do patrimonio natural e cultural.

A ferramenta permite consultar ao público xeral, dunha maneira didáctica e amena, a información espacial máis relevante relacionada coa Rede de Parques Nacionais: límites dos parques nacionais, as súas zonas periféricas de protección e as súas áreas de influencia socioeconómica, itinerarios e instalacións de uso público para a visita, zonificación, sistemas naturais vexetais e xeolóxicos, puntos e  transectos de seguimento para a conservación (aves comúns, sanidade forestal, seguimento do cambio global, medio mariño, etc).

Ten dous perfís de consulta, un relacionado coa visita ao parque e outro co seguimento para a conservación. Ademais, desde o visor pódense mostrar servizos externos como os mapas  topográficos e as ortofotos, entre outros.

Conta ademais cunha barra de ferramentas, con acceso a fotografías dos parques nacionais e cun panel que resume de maneira divulgativa a información básica asociada á cartografía que se está consultando, ademais de ligazóns a información máis específica sobre os contidos que se mostran, por exemplo a apartados web de cada Parque Nacional e á información da base de datos EIDOS de especies de flora e fauna de España.

O visor vai ligado a servizos de descarga e de visualización, que permiten acceder directamente a moitos dos datos asociados á cartografía

Fonte: OAPN

Imaxe destacad: Fernando Rey Daluz

Share This