Unha estrela que dá luz e calor á Terra

  /  FOTOBLOG   /  Unha estrela que dá luz e calor á Terra

Unha estrela que dá luz e calor á Terra

Unha estrela que dá luz e calor á Terra

No solpor, vaise agochando o astro rei. É a hora na que o Sol se pon, e tamén o feito de ocultarse este no horizonte atlántico das Rías Baixas de Galicia, entre algunhas nubes costeiras. É o momento do crepúsculo, o ocaso do día, cando o Sol se pon polo oeste. Unha estrela que dá luz e calor á Terra, que así queda retratada nesta imaxe de Fernando Rey Daluz.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This