Xogo de luces nun solpor atlántico dende a “pedra da Campá”

  /  FOTOBLOG   /  Xogo de luces nun solpor atlántico dende a “pedra da Campá”

Xogo de luces nun solpor atlántico dende a “pedra da Campá”

Xogo de luces nun solpor atlántico dende a “pedra da Campá”

A pedra da Campá está situada no alto do mesmo nome, na illa de Montefaro do arquipélago das Cíes. Recibe o termo de cachola ou taffoni, unha rocha perforada cunha forma en cavidade u oco redondeado tallado pola erosión. Aparecen en rochas graníticas e cristalinas nalgunhas zonas do litoral moi expostas ao vento (erosión eólica). Tamén lle favorecen as sales e pingas mariñas (salinidade) ou o denominado spray mariño, a humidade moi concentrada e mesmo a permeabilidade, producíndose así desagregación meteórica selectiva. Do mesmo xeito, orxínanse a partir de escurrideiras provocadas pola meteorización en paredes inclinadas, aparecendo polo tanto este tipo de oquedades. A denominación de “pedra da Campá” fai referencia a súa forma acampanada. Unha imaxe de Fernando Rey Daluz 

 

 

Imaxe:

LuzLux

© ReyDaluz

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This