Gravados rupestres na illa de Ons
Artigo dedicado ao estudio de tres petróglifos localizados na Illa de Ons, dentro do contexto dun proxecto de prospección arqueolóxica levado a cabo polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC, actual Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). O proxecto, denominado “Estudio Arqueolóxico e Etnográfico da Paisaxe Cultural do Parque Nacional de Illas Atlánticas”, foinos encargado pola dirección do Parque Nacional de Illas Atlánticas con fin de identificar e documentar o Patrimonio Cultural da illa, afondando desta maneira no coñecemento do espazo cultural a través da arqueoloxía, da etnografía e doutras disciplinas, buscando así recoñecer as diferentes etapas crono-culturais que deron lugar á configuración actual deste espazo tradicional. O plan de actuación proposto estivo constituído por unha serie de accións e actividades como foron os traballos de campo de prospección superficial arqueolóxica e etnográfica, consulta e baleirado cartográfico e bibliográfico, rexistro e documentación da arquitectura tradicional, inventario de toponimia, estudo histórico, e entrevistas etnográficas entre outras. Neste contexto localizáronse dous gravados en Chan da Pólvora e un terceiro na Laxe, no barrio de Caño.
Autores:
Paula Ballesteros Arias
Yolanda Seonane Veiga
URI : | http://hdl.handle.net/10261/51071 |
Aparece nas coleccións: | (INCIPIT) Artículos |
Ficheiro | Descrición | Tamaño | Formato | |
---|---|---|---|---|
2012_AUNIOS_BallesterosSeoane_Gravados rupestres_.pdf | 3,19 MB | Adobe |
Galería de imaxes:
Petróglifo Chan da Pólvora
© Santiago Boado Aguinaga
Imaxe destacada:
© Santiago Boado Aguinaga