Mai 29, 2016 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Gravados rupestres na illa de Ons

Artigo dedicado ao estudio de tres petróglifos localizados na Illa de Ons, dentro do contexto dun proxecto de prospección arqueolóxica levado a cabo polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC, actual Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). O proxecto, denominado “Estudio Arqueolóxico e Etnográfico da Paisaxe Cultural do Parque Nacional de Illas Atlánticas”, foinos encargado pola dirección do Parque Nacional de Illas Atlánticas con fin de identificar e documentar o Patrimonio Cultural da illa, afondando desta maneira no coñecemento do espazo cultural a través da arqueoloxía, da etnografía e doutras disciplinas, buscando así recoñecer as diferentes etapas crono-culturais que deron lugar á configuración actual deste espazo tradicional. O plan de actuación proposto estivo constituído por unha serie de accións e actividades como foron os traballos de campo de prospección superficial arqueolóxica e etnográfica, consulta e baleirado cartográfico e bibliográfico, rexistro e documentación da arquitectura tradicional, inventario de toponimia, estudo histórico, e entrevistas etnográficas entre outras. Neste contexto localizáronse dous gravados en Chan da Pólvora e un terceiro na Laxe, no barrio de Caño.

Autores:

Paula Ballesteros Arias

Yolanda Seonane Veiga

URI : http://hdl.handle.net/10261/51071
Aparece nas coleccións: (INCIPIT) Artículos
Ficheiro Descrición Tamaño Formato
2012_AUNIOS_BallesterosSeoane_Gravados rupestres_.pdf 3,19 MB Adobe

Galería de imaxes:

Petróglifo Chan da Pólvora

©  Santiago Boado Aguinaga

Imaxe destacada: 

©  Santiago Boado Aguinaga

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...