“Campaña de concienciación ambiental contra as cabichas nas Cíes esta fin de semana”
Dende mañá venres día 1 de XULLO e ata o próximo domingo día 3 XULLO terá lugar nas Illas Cíes a campaña de concienciación ambiental “Praias sen cabichas“, promovida polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Dentro desta campaña, que ten como obxetivo a prevención do lixo xerado polas cabichas de cigarrillos nas praias, os visitantes do parque destes días recibirán cinceiros individuais que poderán usar durante a súa visita, así como información sobre o impacto que as cabichas que se botan nas praias teñen sobre o medio ambiente.
A campaña “Praias sen cabichas” é un proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamenos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dos exercicios orzamentarios 2015-2016.