Camiñar, contemplar e gozar no Parque Nacional
Estas son tan só algunhas das tantas posibilidades que nos ofertan os catro arquipélagos (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) que conforman o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Camiñar, contemplar e gozar deste espazo natural tan singular coma valioso. Deixarse levar pola paisaxe, polos sentidos e pola natureza.
Dende terra, mar e aire. Camiñar, mirar, sentir e coñecer este lugar en calquera época do ano. Non só é turismo de sol e praia o que nos ofrece. Hai moitas máis opcións e alternativas por descubrir e practicar.
Os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada contan con diferentes itinerarios sinalizados e autoguiados e mesmo tamén visitas guiadas acompañados de guías acreditados do Parque Nacional.
Camiña, desfruta e coñece. Descubre o Parque Nacional nas catro estacións. Por qué non?. Cada estación, un “mundo” diferente que contemplar.
Para nos ambientar compartimos esta imaxe das illas Cíes, de Fernando Rey Daluz, capturada no “Alto do Príncipe” da illa Norte ou de Monteagudo.
Preme sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe: