Cando cae a noite sobre o Parque Nacional
Con esta imaxe nocturna, de Fernando Rey Daluz, do faro recén acendido das illas Cíes, queremos facer fincapé nas posibilidades que ofrecen os distintos arquipélagos do noso Parque Nacional para a observación do ceo. De feito, hoxe en día o Parque Nacional logrou o certificado de Destino Turístico Starlight pola calidade e limpeza dos seus ceos por mor da escasa contaminación lumínica que sobre deles se proxecta. Esta distinción só a comparte en Galicia con Pena Trevinca (A Veiga-Ourense).
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia certifícase como Destino Turístico Starlight
Pódenche interesar tamén:
Cando cae a noite sobre o Parque Nacional
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe:
© Rey DaLuz