Ceos galegos 2018. Calendario astronómico

Portada » O Parque Nacional » Ceos galegos 2018. Calendario astronómico

Nov 20, 2017 | ACTUALIDADE

Ceos galegos 2018. Calendario astronómico

O calendario

Ceos Galegos 2018, calendario astronómico é un produto tanxible, útil e fermoso. Un calendario de gran formato editado profesionalmente con imaxes dos mellores fotógrafos galegos da noite ou, cando menos, feitas en Galicia. Ao longo das súas 7 follas percorremos paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo nocturno. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.

calendario astronómico é un proxecto de calidade que vale tanto para regalar como para ter en casa e consultar ou usar como axenda.

Entre as fotografías temos:

  •  paisaxes ao solpor
  •  paisaxes nocturnas
  •  ceo profundo
  •  fenómenos atmosféricos raros
  •  estrelas e constelacións recoñecibles

Entre algunhas das súas características contamos con:

  •  efemérides astronómicas galegas
  •  as fases lunares
  • argola cómoda para penduralo
  • encadernación a mes visto con espazo para anotacións nos días
  •  breve directorio

Podes consultar todas as características do calendario polo miúdo.

Máis información e contacto AQUÍ

calendario 2

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos