Charla informativa sobre a problemática e xestión de especies invasoras

Portada » O Parque Nacional » Charla informativa sobre a problemática e xestión de especies invasoras

Out 24, 2017 | ACTUALIDADE

Charla informativa sobre problemática e xestión de especies invasoras

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, dentro do marco das actuacións que desenvolve para a xestión das especies de flora e fauna con comportamento invasor en Galicia, ven de poñer en marcha unha Campaña de información sobre a problemática e a xestión das especies exóticas invasoras nas que se enmarcan a realización de charlas informativas nas que falará sobre a problemática da introdución destas especies, o marco normativo actual e os sistemas de control recomendados para loitar contra elas.

Neste contexto se lles convida a asistir á CHARLA INFORMATIVA SOBRE A PROBLEMÁTICA E A XESTIÓN DAS ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS EN GALICIA, que terá lugar: 

08/11/2017. VIGO. 18:00. Edificio Cambón. Rua Oliva 3  Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia.
Agradecemos de antemán a súa asistencia.

Programación en PDFCHARLAS INFORMATIVAS ESPECIES INVASORAS 2017 XUNTA DE GALICIA

Invitación en PDFINVITACION CHARLA INFORMATIVA ESPECIES INVASORAS XUNTA DE GALICIA

Imaxe destacada: Visón americano (Neovison vison). Wikipedia

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos