Mar 11, 2016 | ACTUALIDADE

Divulgare estrea o vindeiro martes 15 de marzo o seu novo vídeo “O perigo das mascotas nas illas“, do que nos adiantan…

Hai aproximadamente 9000 anos os gatos foron domesticados. Desde entón convertéronse en compañeiros inseparables de moitos humanos, acompañándolles nas súas viaxes e ocupando practicamente todos os confíns do planeta. Até aquí, non parece que haxa ningún problema. Pero, moitos destes gatos, unha vez chegan á súa nova contorna, comezan a competir polos recursos con outros organismos que non están preparados para defenderse dun predador tan eficiente. E se isto ocorre en illas, nas que a vida evolucionou en ausencia destes feroces e eficientes animais, as consecuencias para os ecosistemas poden ser dramáticas. Con este vídeo, incómodo para moitos, pretendemos chamar a atención dun problema que está a afectar, agora xa a gran escala, á conservación da nosa biodiversidade. Non é un problema menor e por iso temos que implicarnos en buscar solucións entre todos.

Divulgare

Facebook

Proba Divulgare

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos