Faros do Parque Nacional: Faro de Ons

Portada » O Parque Nacional » Faros do Parque Nacional: Faro de Ons

Feb 6, 2016 | HISTORIA, TURISMO

O actual faro da illa de Ons foi construído en 1926 sobre o emprazamento da anterior infraestrutura de 1865. Hoxe en día, do mesmo xeito que o faro de Sálvora, segue habitado por torreiros en quendas de 15 días.

As lentes da súa lanterna teñen un alcance de 35 millas.

Ademais da torre octogonal de doce metros de alto, e a lanterna, o faro conta con vivendas, almacén, obradoiro, alxibe de auga e mesmo cun pequeno museo. Destacan os azulexos que decoran os corredores interiores.

Depende da Autoridade Portuaria de Marín-Ría de Pontevedra.

En tempos, existiu anexo ao faro, un forno de pan.

Está situado no barrio do Cucorno, no punto máis alto de Ons, a 118 metros, 128 no alto da torre.

Durante moito tempo, os torreiros contaban como axudantes a veciños da illa de Ons, que xa que non podían asistir á escola, recibían do torreiro asistencia educativa.

Foi adaptado constantemente aos avances tecnolóxicos. Así, en principio a súa lámpada era de aceite de oliveira de émbolo para pasar a contar cun sistema de vapor de petróleo a presión por incandescencia cunha mecha.

En 1932 o faro foi revestido de azulexos para protexelo da adversa metereoloxía. Xunto ao de Sálvora e Sisargas foi dos últimos faros de petróleo a presión que existiron.

Hoxe, a fonte de enerxía eléctrica é subministrada por placas fotovoltaicas que se alimentan da luz do sol dende 1990. Aínda que a maiores conta con baterías recargables por autoxerador e dous grupos electróxenos.

 

 

Imaxes:

Santiago Boado Aguinaga

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos