O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia está situado nas Rías Baixas de Galicia.
Declarado en 2002, o 86% da superficie protexida é marítima e un 14%. Comprende os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que a excepción deste último, forman unha barreira natural que protexe estas rías dos embates do océano.
Os seus principais ecosistemas son os litorais (praias, sistemas de dunas e cantís), terrestres (matogueiras costeiras atlánticas e submediterráneas) e submarinos (fondos rochosos, de area, de maërl, cascallo e bosques de algas), sendo os seus fondos mariños o máis importante do Parque, onde maior biodiversidade alberga. Augas onde faena a frota profesional de carácter tradicional das localidades costeiras. Destacan tamén as colonias de aves mariñas, sobre todo de gaivotas patiamarelas e corvos mariños cristados.
Debido á súa menor altura, ofrecen un clima menos rigoroso ca o do continente, temperaturas suaves e menos pluviosidade.
Existen rutas guiadas e itinerarios sinalizados, recomendándose o uso de calzado adecuado, levar auga e protección solar. Procure atender estas recomendacións ou indicacións do persoal do Parque.
Non está permitida a acampada agás nas zonas autorizadas, arrincar plantas, recoller cunchas ou molestar aos animais, camiñar fóra dos camiños sinalizados, emitir ruídos que alteren a tranquilidade da contorna, prender lume ou introducir animais domésticos salvo cans guía.
Submarinismo, navegación e fondeo están regulados, e a pesca deportiva prohibida. O lixo xerado deberá ser retornada a terra.
O Parque ten na súa sé de Vigo, no “Edificio Cambón” do Barrio Histórico, un Centro de Visitantes do catro arquipélagos.
Primeira saída peláxica do ano no "Chasula" onde se agarda poder observar algunhas aves mariñas coma o furabuchos balear. Tamén se espera contar coa presenza de cetáceos coma o golfiño común. Por mor das obras no porto do Grove, a saída será dende o porto de Tragrove...
Para visitas dun día ás illas Cíes ou á illa de Ons en tempada alta, do 15 de maio ao 15 de setembro, antes de adquirir o seu billete de transporte nunha navieira autorizada debe solicitar a autorización administrativa gratuíta que pode obter na seguinte web...
O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece durante toda a Semana Santa actividades e rutas guiadas abertas aos visitantes Ata o 4 de abril, poderase viaxar en transporte regular aos arquipélagos de Cíes e Ons, que xa teñen confirmadas máis de 1.100 reservas para...