Amare Turismo Náutico é o mar, a súa vida, a súa xente, a Ría de Arousa

Somos unha empresa que queremos mostrar toda a beleza e forma de vida da Ría de Arousa. Os seus costumes, as súas illas, a súa vida case 100% mariñeira e a súa forma de traballo no mar.

Ven a visitar a Ría máis grande de Galicia coas súas illas e illotes de areas brancas e augas cristalinas como Areoso e Rúa.

Descobre como se traballa o mar nunha Ría única en especies. Podes ver como se extraen mexillóns, ameixas, camaróns, navallas, centolla e outros

O noso obxectivo é que o visitante se marche coa sensación de que cando vexa algo desta ría, unha foto, un marisco, unha reportaxe, lembre os bos momentos pasados a bordo da nosa embarcación e saiba valorar o traballo tan duro de homes e mulleres que fan que esta ría sexa un lugar único e inesquecible por todo o visto e gozado mariscos nunha ruta pola Ría máis bonita de Galicia.

Organizamos saídas de pesca tanto para pescadores deportivos profesionais como para aqueles que se queiran iniciar no mundo da pesca.

Co noso taxi mariño achegarémosche a calquera illa ou illote desta Ría e tamén ás illas pertencentes ao Parque Nacional de Illas Atlánticas:

Cortegada, famosa polo seu bosque de loureiros, Ons cos seus belos cantís e Sálvora co seu faro, os seus cabalos salvaxes e a súa antiga aldea.

Categorías: Cortegada, Sálvora

Etiquetas: Amare, Cortegada, Ría de Arousa, Rúa, Sálvora

Dirección: Travesía Pombal 36626 Illa de Arousa (Pontevedra)

Teléfono: 650 410 322

Email: info@amareturismonautico.com

Web: https://www.amareturismonautico.com/

Facebook: https://www.facebook.com/amareturismonautico/

Twitter: https://twitter.com/amareturismo