Viveons e a súa misión

VIVE ONS é unha aposta pola mellora na calidade, innovación, profesionalización e mellora constante da oferta turística, todo iso dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (Illa de Ons).

O noso percorrido comeza cunha aposta social clara, lograr que o parque nacional illas atlanticas desenvolva todo o seu potencial a través dun proceso de desenvolvimiento sustentable, mediante a explotación óptima de todas as súas fortalezas, xa que é un area cun alto potencial, ecolóxico e turístico.

O Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia reúne moitas máis potencialidades que outras zonas do territorio para desenvolver proxectos de innovacion turistica, proxectos que axudan aos insulars e concesionarias das casas a xerar valor, conservar e manter a súa cultura, a arquitectura tradicional das construcións e non perder as tradicións e historia que rodean a este enclave único vinculado ao mar e á pesca artesanal.

E a nosa folla de ruta

Continuando con esta política de innovación e mellora da oferta turística, decidimos crear este proxecto piloto de aloxamento e natureza. Aloxamentos singulares e únicos en Galicia, consistentes en 11 casas situadas dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia no arquipélago das Illas de Ons, de gran valor arquitectónico, polo tipo de construción tradicional insular, que unhas conservan máis que outras polo paso dos anos.

Este proxecto innovador en forma de central de reservas para estes aloxamentos, dirixirase nun futuro a combinar a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas ao area de influencia do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (Illa de Ons, Illas Cíes , Sálvora e Cortegada) e a natureza, como un complemento de aloxamentos singulares e únicos.

Grazas por visitarnos.

 

Categorías: Campings y Hoteles, En Ons, Hostelería, Ons

Etiquetas: Aluguer, Bueu, Ons, Vivendas, ViveOns

Dirección: Illa de Ons, Bueu.

Teléfono: 637 259054

Email: web@viveons.es

Web: https://viveons.es

Facebook: https://www.facebook.com/viveons.es/

Twitter: https://twitter.com/DescubreOns