Turismo Científico nos Parques de Galicia por Divulgare
Explora coa ciencia o patrimonio natural de Galicia!
O turismo científico é un modelo de turismo guiado por persoal altamente cualificado. Co turismo científico o visitante pode ter a tranquilidade (e a vantaxe) de que o que lle expliquen está sustentado por unha metodoloxía ou protocolo científico no que calquera información, antes de ver a luz foi contrastada. Os científicos, expoñen hipóteses, póñenas a proba e se os experimentos que fan, confirman a hipótese inicial, divulgana.
Co turismo científico preténse achegar os avances científicos e tecnolóxicos á sociedade. Ademais, queremos amosar ao visitante que na ciencia se pode atopar explicación obxectiva e rigorosa para case todo o que vemos e mesmo o que non somos capaces de percibir nunha primeira ollada.
Este audiovisual foi publicado por Divulgare na súa canle de Vimeo o 26 de maio de 2017 para Galicia, Natural e única.
Fonte: Divulgare
Enlaces de interese:
Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia